A Cofradía de Celeiro impulsa entre os escolares a promoción e o consumo de produtos pesqueiros
A Cofradía de Celeiro impulsa entre os escolares a promoción e o consumo de produtos pesqueiros, xusto a piques de finalizar o curso escolar 2018-2019,. Esta entidade fai xa balance do que supuxo a sexta edición do programa formativo e divulgativo denominado Mariñeiros por un día: achegando a escola ó mar. Durante o presente curso a entidade pesqueira mobilizou 22 colexios, que arroxaron a nada despreciable cifra de máis de mil escolares da provincia que visitaron o porto de Celeiro, as súas instalacións e institucións. E desde o ente pesqueiro manifestan que xa está en marcha a sétima edición deste exitoso programa que goza de gran prestixio e aceptación entre os escolares lucenses.
En datas recentes visitaron o porto de Celeiro, escolares do colexio IES Anxel Fole de Lugo, que realizaron o itinerario previsto acompañados por profesionais, e que foron recibidos na Cofradía celeirense polo Patrón Maior, Domingo Rei e o Secretario da entidade, Manuel Máximo Díaz, juntamente co representante provincial da RLNE (Real Liga Naval Española), Antonio Nores Quesada; tamén estiveron presentes algúns dos profesionais que participan activamente no proxecto como Ignacio Otero, quen exerce de guía dos grupos.
O patrón maior celeirense móstrase satisfeito pola marcha do programa, aínda que tampouco esconde o seu malestar e descontento coa Administración, "para nós, -apunta Rei Seijas-, é unha enorme satisfacción ver a gran aceptación e repercusión que ten este programa entre os escolares e os propios profesores. En seis anos que levamos facendo isto xa son uns sete mil alumnos os que por aquí pasaron; unhas cifras sen dúbida alentadoras. Xa estamos traballando no próximo ano. O único negativo disto é a total e nula implicación da Administración , -autonómica provincial e local., para con este programa; intentamos en varias ocasións conseguir axuda e financiamento e os nosos intentos foron en balde, algo incomprensible nunha iniciativa, non produtiva, pero si divulgativa e educativa destas características. Con ou sen axuda imos seguir, a nós suponnos un esforzo económico e de traballo importante, pero temos que manter vivo este programa porque vemos a ilusión e o interese que mostran os escolares que ano tras ano acoden a esta cita, e non imos a defraudarlos".
O programa Fish 4 Kids coincide nos seus obxectivos cos de Mariñeiros por un día: achegando a escola ó mar, porque ambos buscan impulsar entre os escolares o coñecemento global do sector. O lema de Fish 4 Kids é Hai que comer 4 racións de peixe á semana, que recorda moito a aquel outro do desaparecido organismo do FROM (MAPA), que versaba así Para unha alimentación sa 4 racións á semana.
Aos escolares entregáronselles uns libros de xogos en cor que conteñen sopa de letras, explicacións sobre artes e oficios de pesca, xogos de conceptos e colorear, así como pegatinas?etc. Na Cofradía os escolares participaron nun taller do pescador e clases interactivas con xogos divulgativos, e entrega de premios aos participantes, os profesores do colexio lucense agradeceron aos responsables da Cofradía as atencións e o trato recibido polos cincuenta escolares que acudiron á cita e que puideron visitar as instalacións portuarias da lonja, visitando todos os departamentos, salas de venda, almacéns de procesamiento da pesca, viveros de marisco, peiraos de atraque, e todo iso cun guia Ignacio Otero da cofradía celeirense, e dous profesionais de excepción, como o xefe de cancha de Porto de Celeiro SA, José Manuel Miguez, e o subastador Juan Antonio Lorenzo quen guiaron con tratamento ?vip? ao escolares lucenses que se mostraron moi contentos e satisfeitos pola visita.