A CoGaVe anuncia a celebración dos VIII premios Crer no Movemento Veciñal

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A CoGaVe manifesta  o seu "malestar e indignación ante a subida reiterada e desproporcionada da luz" e anuncia mobilizacións.
logo cogave
17 Nov 2021

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (CoGaVe), que aglutinamos as principais Federacións de Asociacións Veciñais de Galicia, anuncia a celebración da VIII edición dos seus Premios Crer non Movemento Veciñal datada para o próximo 28 de novembro de 2021, domingo, na cidade de Lugo.

A Xunta Directiva de CoGaVe confórmana 7 Federacións; que son –ademais da propia Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo, a de Limiar da provincia de Ourense, A Coruña e Área metropolitana, Roi Xordo de Ferrol, Castelao de Pontevedra, O Facho de Cangas do Morrazo e Eduardo Chao de Vigo.

Desde a primeira edición destes premios, no ano 2013, foron numerosas as persoas e entidades recoñecidas a nivel autonómico. Cada Federación de Asociacións Veciñais ten opción a propoñer 2 galardoados e entregaranse , así mesmo, outros 2, a título colectivo de CoGaVe.

A cita deste ano, tras o parón do pasado ano 2020, motivado pola pandemia terá lugar o domingo 28 de novembro no salón Rexio do Círculo das Artes ás 12.00 horas coa entrega de premios e ás 15.00 un xantar de confraternidade no Restaurante Manuel Manuel.

0.18712615966797