A comisión da Festa da Filloa de Muimenta súmase á feira do mesmo nome da Baña

TerraChaXa
A comisión organizadora da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta participaron este venres na presentación da XVI Festa da Filloa da Pedra do Concello da Baña, a cal se celebrará o 23 e 24 de febreiro (anque habitualmente é o segundo domingo de marzo).
Captura de pantalla 2019 02 15 a las 15.58.00
15 Feb 2019

A comisión organizadora da XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta participaron este venres na presentación da XVI Festa da Filloa da Pedra do Concello da Baña, a cal se celebrará o 23 e 24 de febreiro (anque habitualmente é o segundo domingo de marzo). Os lugueses foron invitados polo Concello da Baña para que coñezan as distintas festas e modalidades de preparación da Filloa ao longo de toda Galicia, a través dunha pequena demostración e degustación deste típico producto durante dita presentación á prensa.

Dende Moexmu, xa se enviaron fotos das primeiras edicións da Festa da Filloa de Muimenta así como da celebrada o pasado primeiro de maio, tanto de filloeiros como dos churrasqueiros e doutras actividades que se levan a cabo (como a entrega de premios de debuxo e relato, ou da feira dos cans da caza), para completar a presentación que tivo lugar este venres no Pazo de Cores (A Coruña), así como da estatua ubicada na Praza Maior de Muimenta e que foi innaugurada con motivo do logro da distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

A cita deste venres coa Filloa de A Baña, acudiron tamén as Festas da Filloa de Lestedo e de Zas. A IV edición da Festa da Filloa de Zas será o 16 de marzo  a XVI edición da Festa da Filloa de Pedra de A Baña o 23 e 24 de febreiro, a XXXVI edición Festa da Filloa de Lestedo cae no 10 de marzo e a XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta (Festa de Interese Turístico de Galicia) será o mércores 1 de maio

Segundo explicou José Rus, coordinador da Asociación de Empresarios de Muimenta, que organiza a festa da filloa a través das Comisións de Moexmu (Mostra Exposición de Muimenta) levan organizando esta exaltación dende 1992. Utilizan una plancha cadrada de ferro fundido de 50 centímetros, na que se van catro filloas pequenas de cada vez. “Hoxe, esta e a única festa da provincia na que se exalta só a filloa, noutros municipios sempre aparece acompañada doutros produtos”. Recordou como esta festa xurdiu dentro da Mostra Exposición de Muimenta como fórmula para recuperar a filloa e recadar algúns cartos. “En Muimenta sacamos a festa do entroido e celebrámola o 1 de maio. Temos a 184 persoas traballando na organización. Hoxe vemos que se fan filloas  nas festas do verán e incluso en bodas”. Declarada de interese turístico dende 2008, contan cunha escola de filloeiros e filloeiras, “hoxe, das 56 persoas que están na escola, uns 20 son homes”.

Dende o Concello de A Baña mostráronse moi interesados tanto no expediente redactado pola xerencia da Festa da Filloa de Muimenta para a consecución de Festa de Interese Turístico de Galicia, así como pola escola de filloeiros que se leva a cabo fai varios anos, de como se logrou consolidar esta Festa fóra das época do Antroido e a implicación de máis de 200 personas na súa celebración.

As Filloas da Baña cocíñanse nunha pedra, (xunto ao Val do Ulla, son as únicas zoas onde se mantén esta tradición secular). Na historia deste concello, coméntase que na época do Trastámara (século XV) xa se tivo pagado as rendas con este típico producto galego.

A primeira edición celebrouse o 21/03/2.004, onde xa se utilizaron as pedras de granito (lembramos que é unha zoa con grandes canteiras). No ano 2.007 constituise a Asociación Filloas da Pedra, que actualmente conta con 25 soci@s e máis de cincuenta colaboradores. Habitualmente, e como comentamos no primeiro párrafo, celébrase o segundo fin de semana de marzo.

2090215_1ALI0285
0.19077396392822