A comisión da Moexmu acondiciona o recinto feiral para a celebración deste ano

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta–Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo e ultimando o programa de actividades para os vindeiros 4, 5 e 6 de abril.
Este luns, tivo lugar no Concello de Cospeito unha reunión de traballo entre o alcalde, Armando Castosa e o edil Fernando Carreiras, con representantes da comisión organizadora da Moexmu 2025, a súa presidenta, Ana Iglesias Lozano, o vogal Pepe Rodríguez Folgueira e o xerente, José Manuel Rus Rodríguez.
Na mesma, o alcalde confirmou o incremente nun 20 % da axuda nominativa directa que a Administración Local lle concede á organización da Moemu, (pasando esta, de cinco mil a seis mil euros). Un esforzo orzamentario realizado polo Concello que foi agradecido polos representantes da comisión.
Igualmente, ao longo desta semana, o persoal do Concello de Cospeito comenzará a realizar melloras no recinto feiral Manuel Vila, tanto na entrada do mesmo, como na colocación dun panel informativo (sobre a Festa da Filloa) nunha das naves no mesmo, e a mellora dos soportes dos postos do lateral dereito.
Tamén, se comenzará a preparación, por parte do mesmo, tanto no pavillón do Recinto onde terá lugar o XXXIX Concurso de Gando Frisón, así como das dúas naves onde se situará o gando inscrito tanto para dito Concurso, como a Exposición e a Poxa de Gando.
Dentro da Festa da Filloa – de Interese Turístico de Galicia, tamén se pechou a realización por parte do Concello, da primeira fase de obras de mellora nas instalacións onde se realiza o churrasco.
Como é tradición, dende fai anos, o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, continuará, unha edición máis, clausurando a Moexmu, o domingo unha vez que teñan lugar a entrega dos premios do concurso de gando.
Igualmente, segue aberto o prazo para a inscrición no VII Monográfico de Can de Palleiro que continuará no programa de actividades que ten lugar no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta. Terá lugar, na tarde do domingo 6 de abril. O mesmo é puntuable para o XXX edición do Trofeo de Can de Palleiro do Ano 2025 en Galicia (candepalleiro@clubcandepalleiro.com)