A comisión da Moexmu recibe o respaldo do goberno provincial

TerraChaXa
A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo (que xa comenzaron o pasado mes de xullo), encamiñadas á celebración dunha nova edición da feira, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020, acadando as edicións XXXVI da Mostra Exposición de Muimenta, XXXIV Concurso de Gando Frisón, XXXIV Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e XXIV Poxa de Gando Selecto.
IMG 20200110 WA0002(1)
11 Xan 2020

Así, os últimos días mantiveron unha reunión co presidente da Deputación, José Tomé, e coa concelleira do PSOE en Cospeito, Rosa Morán. O mandatario provincial confirmou que manterá o compromiso da administración que preside tanto coa celebración do Festa da Filloa de Muimenta–Festa de Interese Turístico de Galicia como coa Moexmu.

O presidente alabou o traballo da veciñanza de Muimenta, que leva trinta e seis anos organizando a Moexmu a través das seis comisións de empresarios e autonómos de Muimenta "sobre todo dentro do contexto tan difícil que está a vivir o mundo rural nos últimos anos" e animounos a seguir traballando e non perder a ilusión para sacar adiante "estas celebracións de tanta importancia para toda a provincia".

A primeira fin de semana de abril, en Muimenta, no seu recinto feiral, terá lugar o Concurso de Gando da Moexmu, que esta edición terá o carácter de XXIX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2020.

Despois da reunión celebrada con representantes de Federación Frisona Galega-Fegriga, acondaron darlle este carácter autonómico, o que constitúe un verdadeiro respaldo de todo o sector, ás actividades que dende o ano 1987, ano da celebración do primeiro Concurso de Gando na Mostra Exposición Muimenta, levan a cabo os empresarios de Muimenta, a través das comisión da Moexmu.

A efectos do concurso autonómico sólo podrán participar animais nacidos en Galicia e propiedade de ganderías galegas.

No Recinto Feiral Manuel Vila López poñerase de manifesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos animais criados en Galicia. Potenciarase a orientación dos máis novos cara unha selección rentable e correcta dos animais, e aos gandeiros, en xeral, ás tendencias de elección e mellora gandeira no ámbito internacional.

Nos vindeiros días darase a coñecer, pormenorizadamente, máis datos e condicións sobre o XXIX Concurso Autonómico Fefriga – Moexmu 2020.

0.086832046508789