A Comisión das Minas da Terra Chá viaxou a Bruxelas

TerraChaXa
A Comisión das Minas da Terra Chá, viaxou a Bruxelas para participar no encontro coa vicepresidenta da Comisión de Peticións e con representantes de grupos políticos da Eurocámara para falar da situación actual da minería en Galicia, nesta ocasión centrados na mina de Touro.
70502015_2363635527228517_564895827009470464_o
16 Nov 2019

A Comisión das Minas da Terra Chá, viaxou a Bruxelas para participar no encontro coa vicepresidenta da Comisión de Peticións e con representantes de grupos políticos da Eurocámara para falar da situación actual da minería en Galicia, nesta ocasión centrados na mina de Touro.

Dende a Comisión das minas da Terra Chá lembran que "levamos anos denunciando as irregularidades en materia mineira e medioambiental que estamos a sufrir moitas comarcas".  Para esta comisión que xa participou noutros encontros en Europa, é moi importante que esta situación e estas irregularidades se coñezan fora da comarca e fora de Galicia.

A xornada da delegación de representantes das asociacións contrarias á mina de Touro comezaba coa reunión con Tatjana Zdanoka, vicepresidenta da Comisión de Peticións e con representantes dos distintos grupos políticos con representación na Eurocámara, onde estes escoitaron as reivindicacións do colectivo e mostraron a súa preocupación pola situación actual da minería en Galicia.

Pola tarde tocou a quenda para a defensa das tres peticións sobre a mina de Touro, presentadas polas asociacións galegas Cova Crea, Petón do Lobo e Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON. Aínda que cada representante dispuxo de 5 minutos para expoñer a súa petición, o debate posterior levou a cabo de forma conxunta, unificando as peticións coma se fose unha, dada a conexión entre as tres.

O primeiro peticionario en intervir foi Luís Gallardo, veciño de Touro, quen solicitaba á Comisión de Peticións "que tome en serio a falta sistemática de cumprimento da lexislación da Unión Europea nas operacións mineiras galegas, e antes de que sexa demasiado tarde".

O foco sobre a afección da mina de Touro á calidade das augas poñíao a segunda peticionaria, María del Pilar  Sampedro, mariscadora da Ría de Arousa, quen destacou o papel da frota pesqueira na economía galega e como a actividade mineira descontrolada en Galicia mata lentamente "se a actividade mineira reactívase o ritmo avanzará e as consecuencias non tardarán en producirse. Peche de zonas de produción, desemprego e emigración".

Por último, Iria Méndez, unha moza veciña de Arinteiro, expuxo a súa situación "queren resucitar unha mina que implicaría construír a 200 metros da miña casa, si, a 200 metros,... unha balsa de residuos mineiros de 90 metros de alto e 3 quilómetros de lonxitude, con maior capacidade que a que fallou en Brumadinho, en Brasil, matando por centos de persoas".

Os tres relatores coincidían na necesidade de que a Comisión de Peticións manteña abertas as peticións e que, ademais, inicien unha misión de investigación na que poidan ver por si mesmos a situación en Touro, así como noutras zonas mineiras de Galicia como son San Finx, Monte Neme ou Santa Comba.

Unha vez concluído o tempo dos peticionarios, tiña a quenda de palabra Daniel Fernández Gómez, representante da Comisión Europea, quen argumentou que "é responsabilidade dos estados membros prover os medios e recursos para que os cidadáns poidan esixir o cumprimento da normativa" ambiental e de tratamento de residuos extractivos, do mesmo xeito que "non hai indicio de infracción" na tramitación do proxecto presentado por Cobre San Rafael".

Finalmente, a presidenta da Comisión de Peticións, Dolors Montserrat, concluía coa resolución de proposta da Comisión de manter abertas as peticións e remitindo a decisión sobre a petición de visita a Galicia á reunión de coordinación, quen ten a competencia. 

Posteriormente á intervención na comisión parlamentaria, tanto os peticionarios como os demais representantes dos colectivos que se trasladaron ata Bruxelas, comparecían diante dos medios de comunicación con Ana Miranda para facer unha valoración sobre o resultado da xornada no Parlamento Europeo. 

Mentres isto ocorría en Bruxelas, desde Huelva Atalaia Mining anunciaba os seus novos obxectivos de expansión a Chile e Perú. 

PREMIOS 01 1429x2000
0.16857695579529