A comisión de festas A Faeira celebra o día 7 unha cea baile

A Comisión de Festas da Faeira celebrará unha cea-baile o sábado, día 7, no restaurante Casa Peizás, situado na Capela. A cea comezará ás 22:00 horas e contará cun menú variado e barra libre.
O menú inclúe empanada, lagostinos, costela asada con patacas, sobremesa, café, viño branco e tinto, cervexa e refrescos. O prezo será de 45 euros por persoa e 20 euros para nenos ata 10 anos. Ademais, haberá un servizo de autobús dende a estación de buses das Pontes, con saída ás 21:15 horas, cun custo de 5 euros.
A festa estará amenizada polo dúo Alba y Selu, que poñerá música para un animado baile tras a cea. Os tíckets poden adquirirse en varios puntos de venda: Bar Xardín (As Pontes), Bar Muiño (Saa) e Casa Picos (A Faeira).
As persoas interesadas teñen ata este luns para inscribirse. Para máis información, poden contactar cos números de teléfono facilitados: Claudia (647 496 736) ou Chema (638 608 492).