A comisión de festas A Faeira prepara para o día 8 de febreiro unha cea baile
A Comisión de Festas da Faeira celebrará unha cea-baile o próximo sábado 8 de febreiro de 2025 no restaurante Casa Peizás, situado na Capela. A cea comezará ás 22:00 horas e contará cun menú variado e barra libre.
O menú inclúe empanada, lagostinos, lombo asado con patacas, sobremesa, café, viño branco e tinto, cervexa e refrescos. O prezo será de 45 euros por persoa e 20 euros para nenos ata 10 anos. Ademais, haberá un servizo de autobús dende a estación de buses das Pontes, con saída ás 21:15 horas, cun custo de 5 euros.
A festa estará amenizada polo dúo Acherizaz, que poñerá música para un animado baile tras a cea. Os tíckets poden adquirirse en varios puntos de venda: Bar Xardín e Mesón 7 Camiños (As Pontes), Bar Muiño (Saa), Casa Díaz (Goente) e Casa Picos (A Faeira).
As persoas interesadas teñen ata o domingo 2 de febreiro para inscribirse. Para máis información, poden contactar cos números de teléfono facilitados: Javi (664 461 593) ou José (637 952 986).