A comisión de festas da Pastoriza organiza unha cea baile

TerraChaXa
A comisión de festas da Pastoriza organiza para este venres, 31 de marzo, unha cea con baile na antiga ladrilleira.
cea baile a pastoriza comision de festas portada
28 Mar 2023

A comisión de festas da Pastoriza organiza para este venres, 31 de marzo, unha cea con baile na antiga ladrilleira.

A sesión dará comezo ás 22.00 horas e contará coa actuación dun grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos e un menú a cargo do hostel restaurante Casa da Luz, que constará de callos, codillo e postre caseiro.

O prezo da celebración é de 25 euros cun prezo especial de 15 para os menos de ata 12 anos.

Os interesados en anotarse deberán facelo a través dos membros da comisión (Raúl, Sara, Lidia, Nerea e Andrea).

cea baile a pastoriza comision de festas
0.19559693336487