A comisión de festas da Pastoriza organiza unha cea baile

TerraChaXa
O evento contará con música en directo a cargo de Martín Carrión, coñecido pola súa traxectoria como vocalista da orquestra Aché
cea-baile-a-pastoriza
6 May 2025

A comisión de festas da Pastoriza anuncia a celebración dunha cea-baile o vindeiro 9 de maio ás 22:00 horas no local da antiga ladrilleira. Esta actividade está pensada como un punto de encontro lúdico para a veciñanza, co obxectivo de desfrutar dunha noite divertida e seguir impulsando a organización das festas do municipio.

O evento contará con música en directo a cargo de Martín Carrión, coñecido pola súa traxectoria como vocalista da orquestra Aché. O menú da cea será servido polo catering Sarredo e incluirá entrantes, arroz caldoso, tenreira guisada con patacas, brazo de xitano, viño tinto e branco, café e licores.

O prezo da entrada é de 30 euros para adultos e 17 euros para nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. As entradas xa están á venda e poden adquirirse a través dos teléfonos habilitados pola organización.
Desde a Comisión de Festas fan un chamamento á participación para seguir facendo posible unha gran festa na Pastoriza, e lembran a importancia de gardar esta data no calendario.

⚙ Configurar cookies
0.1655421257019