A comisión de festas de Cabreiros organiza unha cea baile o día 21 de febreiro

TerraChaXa
A velada estará amenizada con música en directo a cargo do cantante Alex, que poñerá o toque musical á noite festiva
cea-baile-cabreiros
15 Feb 2026

A parroquia de Cabreiros prepara unha cea-baile que terá lugar o sábado 21 de febreiro de 2026 no restaurante O Paso, en Candamil, organizada pola Comisión de Festas de Cabreiros 2026. O evento dará comezo ás 21.30 horas e contará con aforo limitado, polo que desde a organización recomendan adquirir os tíckets con antelación.

A cea incluirá un menú composto por polbo, churrasco mixto con patacas e ensalada, albariño, viño tinto cosecheiro, auga e refrescos, ademais de sobremesa, café e licores. O prezo establecido é de 35 euros para adultos, 20 euros para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, mentres que os menores de 7 anos poderán asistir de xeito gratuíto.

A velada estará amenizada con música en directo a cargo do cantante Alex, que poñerá o toque musical á noite festiva. As entradas poden adquirirse no propio restaurante O Paso, no Bar Casal de Xermade ou a través dos membros da Comisión de Festas.

Desde a organización lembran que para acceder ao comedor será necesario presentar o tícket correspondente e animan á veciñanza e ao público en xeral a participar nesta cita festiva, que combina gastronomía e música en directo como antesala das festas da parroquia.

⚙ Configurar cookies
0.085250854492188