A comisión de festas en Roimil, Friol, organiza unha cea baile
LugoXa | TerraChaXa
A actividade terá un prezo de 20 euros, na que se incluirá unha cea e actuación musical para amenizar a noite
14 sep 2024
A comisión de festas de Roimil, en Friol, organiza o sábado 21 de setembro unha cea baile no local social do Campo da Feira.
A actividade terá un prezo de 20 euros, na que se incluirá unha cea e actuación musical para amenizar a noite.
Para asistir é preciso anotarse antes o 17 de setembro e pode facerse nos teléfonos de Fran (629 604 040), Noel (678 205 241) e Suso (689 005 049).