A comisión de San Cristóbal de Riotorto organiza o mércores unha cea baile
TerraChaXa | AMariñaXa
A comisión de festas de San Cristóbal de Riotorto, en colaboración co Concello, organiza unha cea para recadar fondos de cara á celebración das festas.
24 Mar 2024
A comisión de festas de San Cristóbal de Riotorto, en colaboración co Concello, organiza unha cea para recadar fondos de cara á celebración das festas.
Esta terá lugar o mércores 27 no pavillón municipal ás 22.30 horas, servida por Cátering Sarredo. Esta consistirá en Empanadillas, arroz caldoso con lumbrigante e mariscos, tenreira guisada con patacas, brazo de xitano, viño tinto, gaseosa, auga ou refresco.
Esta terá un prezo de 30 euros para adultos e 1 para nenos de 3 a 10 anos..
Despois da cea haberá unha festa amenizada pola orquestra Saudade e o Dj Bombardero. Haberá tamén sorteos e outras sorpresas.
As persoas interesadas en asistir deberán reservar con algún dos membros da comisión ou nos establecementos do pobo.