A comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa cambiou de presidente

TerraChaXa
A comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa cambiou de presidente, e nesta ocasión Aníbal Rodriguez foi o elexido para este cargo.
9 Xan 2019

A comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa cambiou de presidente, e nesta ocasión Aníbal Rodriguez foi o elexido para este cargo. Desta comisión forman parte Pilar Morán, Antonio Anllo, Ángel Engroba, Ana Iglesias, José Luis Lodos, José Ángel Lozano e José Manuel Rus. Dita comisión, que é rotatoria entre varios grupos e que tamén organizan a Festa da Filloa, convocou varias xuntanzas para definir os programas para a Moexmu e a Festa da Filloa.

A Moexmu que incluirá o concurso de gando frisón, a exposición de gando de raza rubia galega e a poxa de gando selecto, celebrarase os día 5, 6 e 7 de abril, mentres que a Festa da Filloa seguirá sendo o 1 de maio.

0.048208951950073