A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta xa está traballando nela

TerraChaXa
O vindeiro sábado, 16 de novembro, terá lugar unha reunión de traballo, con membros de Africor Lugo, na que tamén estarán presentes a maioría dos gandeiros participantes na Mostra
reunión-MOEXMU-USC
12 Nov 2024

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta, a MOEXMU, comezou xa hai semanas coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración que terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de abril do 2025.

As edicións a celebrar son a XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega, a XXIX Poxa de Gando Selecto, o XXIV Concurso de xóvenes manexadores, e o IV Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando.

O vindeiro sábado, 16 de novembro, terá lugar unha reunión de traballo, con membros de Africor Lugo, na que tamén estarán presentes a maioría dos gandeiros que participaron no Concurso desta edición da MOEXMU para empezar a perfilar o único concurso de gando que se mantén vivo na provincia.

A dita reunión tamén están convidados ACRUGA, representantes da Xunta de Galicia en Lugo, da Deputación Provincial de Lugo, así como o alcalde de Cospeito, Armando Castosa e un concelleiro de cada grupo municipal con representación no Consistorio.

Os anfitrións serán, coma sempre, a comisión organizadora deste ano da  MOEXMU (a comisión número cinco).

O pasado 30 de outubro tivo lugar o recoñecemento aos vicerrectores no Campus de Lugo da USC dende a sinatura do convenio de colaboración o 23/abril/2010 coa MOEXMU.

0.19901204109192