A Comunidade de Montes de Labrada convoca a súa asemblea xeral ordinaria para o sábado

TerraChaXa
Someteresa á consideración da asemblea a autorización á Xunta Reitora para solicitar axudas en beneficio do monte veciñal, así como o deslinde con Castromaior
vista-abadin-monte
4 Feb 2026

A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Labrada, no concello de Abadín, celebrou a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade do Monte Toxoso I, Toxoso II, Tremoal e Vigas de Labrada, que terá lugar o vindeiro sábado 7 de febreiro.

A reunión desenvolverase na nave da comunidade e contará cunha primeira convocatoria ás 08.00 horas e unha segunda convocatoria ás 10.00 horas. A asemblea está dirixida ás persoas comuneiras do monte veciñal e abordará diversos asuntos de interese para a xestión e o futuro do monte.

Entre os principais puntos previstos na orde do día atópanse a actualización do censo de comuneiros, a aprobación das contas correspondentes ao exercicio 2025 e a análise e validación do plan anual de xestión forestal. Tamén se someterá á consideración da asemblea a autorización á Xunta Reitora para solicitar axudas en beneficio do monte veciñal, así como a explicación do deslinde con Castromaior.

Ademais, tratarase a aprobación dunha permuta con Esther Otero e abrirase unha quenda de rogos e preguntas para que as persoas asistentes poidan trasladar as súas inquedanzas ou propostas.

⚙ Configurar cookies
0.076506853103638