A concellería de Medio Ambiente de Burela lanza unha campaña sobre a recollida dos excrementos das mascotas

TerraChaXa | AMariñaXa
21 Abr 2019

Mañá, luns, coincidindo co Día da Terra a Concellería de Medio Ambiente lanzará a campaña Eu si que o fago, “coa finalidade de coincienciar aos propietarios de cans do importante que é recoller os excrementos das súas mascotas”, explica Noelia Mª Ben.

O Concello instalará un ministand na Praza do Concello en horario de 10:30 a 13:30 horas “e repartiremos ecopoops para axudar na recollida das cacas dos cans”, engade a concelleira de Medio Ambiente.

O Ecopoop é un recolledor de cartón reciclado e biodegradable. Noelia Mª Ben sinala que “nel pódense recoller os excrementos dos cans, sen necesidade de sentilos nas mans. É de cartón reciclado e entón non contaminamos unha vez que o depositemos no contedor axeitado, porque se desfará en pouco tempo”.

A edil burelesa engade que “ao pechalo convértese nunha caixiña que se pode depositar dun xeito moi limpo nas papeleiras ou nos contedores orgánicos”.

0.18249297142029