Servizos Sociais de Lourenzá organiza actividades para conmemorar o Día da Muller

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Mar 2020

A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller os días 3, 4 e 6 desta semana.

O martes, e o mércores de 17.00 a 20.00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.

O venres, día 6, desenvolverase unha Andaina pola Igualdade ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo. E ás 18:00 horas no salón de actos do Concello haberá un acto de homenaxe baixo o título Lourenzá son de muller, dedicado á laurentina Neli Cajoto Cuadrado.

Ademais durante esta semana a fachada da Casa do Concello tinguirase de cor lila “en representación de todas as mulleres”.

0.18774604797363