A conferencia norleste estará representada na Supercopa de billarda do sábado 26

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A conferencia norleste estará representada na Supercopa de billarda do sábado 26. A primeira retrasmisión será o sábado de 17 a 19 horas
billarda Geni
14 Mar 2022

A recentemente creada Federación Galega de Deportes Autóctonos na que se integran a chave e maila billarda, veñen de asinar un convenio ca TVG por catro tempadas, pola que se retransmitirán tres eventos anuais de dúas horas de duración cada un deles. No caso da billarda, serán eventos non de xornadas senón de eventos creados exprofeso para a ocasión e adaptados a un formato televisivo axeitado.

A primeira retrasmisión será o sábado 26 de marzo de 17.00 a 19.00 horas ca celebración da Supercopa de billarda 2022.

Participarán 12 representantes en total con enfrentamentos individuais e os elexidos para esta primeira ocasión serán os campións das dúas conferencias federadas en categorias absoluta, femenina e infantil (6 prazas) e os podios da 10ª xornada das conferencias NorOeste e Rias Baixas.

Dende o equipo Billardeiros Musicais de Ribadeo, "pensamos que a conferencia NorLeste, aínda que non participa na liga federada e por ser berce na recuperación deste tradicional xogo (ahora deporte), non podía permanecer o marxe e debería estar presente neste trascendental evento, polo que implica a tódolos niveis de difusión e visibilidade da billarda".

E así, co obxetivo de acadar a lo menos unha das tres prazas en xogo que daban o pase para xogar a Supercopa, "acordamos ir a disputar a décima xornada da liga Atlántica de Billarda da conferencia NorOeste, que tivo lugar a cuberto na polideportiva pista do centro social de Castro Laxe-Vilaboa (Culleredo) onte domingo 13 de marzo".

O desenrrolo da xornada iba vento en popa e daba pé a pensar que calquera de nos podería acadar un dos tres chanzos do podio, pois de sete que formábamolo equipo, cinco superámolo. Nos cruces nembargantes floxeamos mais do agardado e fumos superados catro de nos, somentes Manu Pozo chegou con gran merecemento a unha final na que se impuxo con merecemento e quedou campión do aberto por diante de Cotelo de Xan Rodiño e de Alberte e xa que logo ca plaza que buscábamos para xogar a supercopa.

"A nosa primeira incursión na liga federada non puido ser millor. Rematamos con tres dos catro primeiros postos no noso haber. Gañamos por equipos, a absoluta con Manu Pozo e a femenina con Geni. E Aroa foi segunda en infantis", dixeron os Musicais.

De todos os xeitos o seu obxetivo non foi o éxito personal se non o acadar unha praza para representar a conferencia NorLeste na primeira Supercopa de billarda e daquela, obxetivo acadado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12718200683594