A Confraría de Meira celebra unha chocolatada e un mercado benéfico

A Confraría Nosa Señora do Pedregal prepara os seus actos de Nadal que inclúen dúas actividades dirixidas tanto aos seus membros como á comunidade en xeral. Estas iniciativas buscan celebrar o espírito do Nadal e, ao mesmo tempo, fomentar a solidariedade.
Así, este luns 22, ás 21:00 horas, nos Cabanós, celebrarase unha chocolatada exclusiva para os confrades da entidade. Será unha oportunidade para reunir aos membros da confraría nun ambiente cálido e festivo, propio destas datas. Unha hora antes, a Apalpadora visitará aos máis pequenos no mesmo lugar.
Este domingo, durante toda a mañá, coincidindo coa feira, terá lugar un mercado de Nadal solidario na porta da igrexa de Meira. Todo o recadado será destinado a axudar à Asociación Afalu.