A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo renova as súas instalacións

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo renova as súas instalacións, así o indica o Patrón Maior, Javier Martínez Otero, quen pon en valor esta colaboración que xorde, di, “grazas ás negociacións do deputado autonómico, Daniel Vega”.
José A. Santos e Jesús Cortiña supervisando as obras de pavimentación da rúa do campo de fútbol e do mercado municipal.
5 Xuño 2020

A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo renova as súas instalacións, así o indica o Patrón Maior, Javier Martínez Otero, quen pon en valor esta colaboración que xorde, di, “grazas ás negociacións do deputado autonómico, Daniel Vega”.

“Con total humildade agradecemos a axuda da Xunta de Galicia. Foi decisiva para que esta entidade tan importante para a nosa vila poida mellorar o seu espazo físico e gozar dunhas prestacións máis modernas e axeitadas; o que, sen ningún tipo de dúbida, redundará na mellora do servizo que prestamos na actualidade”, destaca Martínez Otero.

A Confraría é a oficina de referencia para a xente do mar e tamén para  multitude de colectivos que queren coñecer a actividade pesqueira e marisqueira da zona como poden ser universidades, centros de formación, administración, turistas, etc. Por iso, a aportación da administración autonómica cobra aínda máis valor. Consistiu na modernización das súas dependencias logo de acadar a cesión de uso de mobiliario por parte da Xunta e o apoio da Federación Galega de Confrarías.

Esta colaboración permite optimizar a xestión interna da entidade, mellorando a distribución física das oficinas e, en definitiva, mellorar o seu funcionamento de cara aos socios e ao público en xeral.

“Ribadeo é unhavilamariñeira que vive cara o mar e dende asúa Confraría preténdese canalizar todos aquelesproxectos que procuren e manteñanpostos de traballorelacionados coa explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros”, conclúe o Patrón Maior.

A Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo tamén se viu beneficiada do reparto de material de protección que distribuíu a Xunta de Galicia para combater o covid-19.

0.20982789993286