A confraría Nosa Señora do Pedregal celebrará a festa de Corpus en Meira o domingo

TerraChaXa
Os integrantes da confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira, así como os pais dos pequenos da zona e máis voluntarios do municipio, celebrarán a festa do Corpus o domingo 27 e colocarán as súas alfombras florais na praza do Concello e a praza do Convento de Meira.
20170528_124053
25 Maio 2018

Os integrantes da confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira, así como os pais dos pequenos da zona e máis voluntarios do municipio, celebrarán a festa do Corpus o domingo 27 e colocarán as súas alfombras florais na praza do Concello e a praza do Convento de Meira. Nesta xornada na que fan as comunións os nenos da localidade, aproveitan para facer a procesión polas alfombras, e unha ofrenda nun pequeno altar.

Un dos elementos máis vistosos desta celebración son as elaboradas alfombras florais, cuxa fabricación coordina a confraría Nosa Señora do Pedregal. Este ano a temática será sobre os planetas e o universo, xa que a aula dos nenos que van facer a comunión chámase a aula das estrelas.

 

 

20170528_123900
0.17790293693542