A contadora Marta Ortiz presenta o seu espectáculo 'Tralará' na Biblioteca Municipal de Xermade

TerraChaXa
A autora convida a gozar da lingua a través de cancións, contos rimados, trabalinguas e xogos verbais, nunha proposta chea de ritmo e participación
marta-ortiz-xermade
22 Oct 2025

Este xoves 23 de outubro, a Biblioteca Municipal de Xermade acollerá unha sesión moi especial coa contadora Marta Ortiz, que presentará o seu espectáculo de narración oral Tralará. A actividade comezará ás 18:00 horas e está dirixida a público infantil e familiar.

En Tralará, Marta Ortiz convida a gozar da lingua a través de cancións, contos rimados, trabalinguas e xogos verbais, nunha proposta chea de ritmo e participación. O espectáculo combina contos acumulativos e encadeados, que permiten sentir a musicalidade das palabras, con cancións de mans e historias acompañadas de lingua de signos, nas que o corpo e os xestos cobran protagonismo.

Trátase dunha actividade lúdica e participativa que busca estimular a creatividade, a expresión oral e o gusto pola palabra falada. Unha oportunidade perfecta para compartir en familia unha tarde de humor, ritmo e fantasía.

⚙ Configurar cookies
0.069180011749268