A Copa Deputación de fútbol xa ten listos os calendarios para a fase previa
Xa están listos os primeiros enfrontamentos da Copa Deputación, que corresponden á fase previa, que comezará a celebrarse o 17 de maio. Un total de 76 equipos de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia, así como da 1ª e 2ª femininas.
A XXXVIII Copa Deputación de Fútbol nas categorías sénior xa ten listos os calendarios para disputar as fases previas, que terán o seu inicio o 17 de maio coa participación de 76 equipos distribuídos en tres grupos, dous masculinos e un feminino.
No grupo feminino compatirán grupo as ligas Galegas de 1ª e 2ª División, e logo haberá un grupo mascilino cos de Preferente Autonómica masculina e Primeira, e outro cos de Segunda e Terceira Autonómica masculina.
A competición ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, con alicientes competitivos diferentes aos das ligas, ao tempo que supón unha inxección económica para os clubs xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo concederá premios aos conxuntos participantes, en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 385 e 450 euros por eliminatoria xogada como visitante e 450 e 600 por eliminatoria xogada como local, segundo as categorías).
Os emparellamentos realizáronse mediante sorteo.
CALENDARIOS
Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina
(9 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Cuartos de final: 5 de xuño
Semifinais: 12 de xuño
Final: 19 de xuño
Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina
(27 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Octavos de final: 5 de xuño
Cuartos de final: 12 de xuño
Semifinais: 19 de xuño
Final: 26 de xuño
Segunda e Terceira Autonómica Masculina
(49 equipos)
Fase Previa: 17 de maio
Desaseisavos de final: 22 de maio
Octavos de final: 29 de maio
Cuartos de final: 5 de xuño
Semifinais: 12 de xuño
Final: 19 de xuño
- Os cadros e horarios publicaranse que na web da Federación Galega de
Fútbol (www.futgal.es) - Non se poderá cobrar entrada polo que o acceso aos encontros será libre.
ENFRONTAMENTOS
PREFERENTE-PRIMEIRA
Fase previa
- Burela-Folgueiro
- Xove-Chatanda Atlético
- Portomarín-Sarriana
- Residencia-Lemos
- Lourenzá-Foz
- Pastoricense-Monterroso
- San Lázaro-Santaballés
- Guntín-Castro
- Outeiro de Rei-Taboada
- Pontenova-Chantada
- San Roque-Pol
Oitavos
- Riotorto-Escairón
- Friol-Alfoz
- Ribadeo-San Lázaro/Santaballés
FEMININO
Fase previa
- Monte Forte-Chantada
Cuartos
- Lugo-Friol B
- San Roque-Milagrosa
- Carballedo-Comercial
- Antas-Monte Forte/Chantada
SEGUNDA/TERCEIRA
Fase Previa
- Nuevo Nausti-Meira
- Friol B-Goiriz
- Cospeito-Muimenta
- Xermade-Cabreiros
- Fonsagrada-San Ciprián
- Barreiros-Abadín
- Matela-Goiriz
- Cazás-Celeiro
- Bóveda-Paradela
- Sober-Monterroso B
- Relámpago-Chantada B
- Carballedo-O Incio
- O Páramo-Becerreá
- Lemos B-Corgo
- SP Lucense-Brollón
- Ferreira-Palas
- Antas-Quiroga
Dezaseisavos
- Roupar-Iberia
- Rioaveso-Nuevo Nausti/Meira
- Friol B/Goiriz-Cospeito/Muimenta
- Candelaria-Xermade/Cabreiros
- Catro Roldas-Comercial
- Fonsagrada/San Ciprián-Barreiros/Abadín
- Matela/Goiriz-Cazás/Celeiro
- Castro B-Mondoñedo
- Oural-Bóveda/Paradela
- Sober/Monterroso B-Relámpago/Chantada B
- Carballedo/O Incio-O Páramo/Becerreá
- Lemos B/Corgo-Rubián
- Castroverde-SP Lucense/Brollón
- Ferreira/Palas-Río Sil
- Antas/Quiroga-Taboada B
- Milagrosa-Santa Comba