A Copa Galicia de Morfoloxía de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega será en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación Cultural As San Lucas e a axuda da asociación Pura Raza Cabalo Galego, organizan a celebración da Final da XIX Copa Galicia de morfoloxía de cabalos e eguas de pura raza galega.
72139610_2143971672575822_2435261695375966208_o
14 Out 2020

A Asociación Cultural As San Lucas e a axuda da asociación Pura Raza Cabalo Galego, organizan a celebración da Final da XIX Copa Galicia de morfoloxía de cabalos e eguas de pura raza galega.

Esta proba será o vindeiro domingo día 18 de outubro no lugar de Campo da Granxa en  Mondoñedo en horario de mañá.

A organización lembra que o uso da máscara é obrigatorio e que tan só poderán acceder ao recinto os vehículos que transporten os animais do concurso.

Igualmente pola tarde a partir das 16.30 horas celebraranse as tradicionais probas de andaina galega nas modalidades de Serrada e Chapeada.

Estarán limitadas á inscrición de 20 participantes por categoría e os interesados teñen que enviar a documentación ao correo electrónico xacoboperez@yahoo.es. Tamén lembran que os trontones teñen a súa proba o sábado pola mañá.

0.17863988876343