A Coral Virxe do Monte ofrece este sábado un concerto polo seu 25 aniversario

TerraChaXa
A Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte de Cospeito ofrece este sábado un concerto na casa da cultura para festexar o seu 25 aniversario.
concerto coral virxe do monte cospeito portada
15 Xuño 2023

A Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte de Cospeito celebra este sábado, 17 de xuño, un concerto na casa da cultura local para festexar o 25 aniversario da formación.

O concerto dará comezo ás 21.00 horas e participarán no mesmo, ademais da coral homenaxeada, a Polifónica de Taboada, a Banda Municipal de Guntín e a Batband.

A sesión está organizada pola coral de Virxe do Monte e o Concello de Cospeito.

concerto coral virxe do monte cospeito
0.17734098434448