A cospeitesa Veiga de Pumar celebra as súas festas esta fin de semana

Veiga de Pumar, en Moman, prepárase para vivir con intensidade as súas tradicionais festas patronais na honra a San Xosé Obreiro e San Pedro, que terán lugar os días 9, 10 e 11 de maio de 2025.
Os festexos comezarán o venres 9 cunha churrascada popular, un clásico que reúne á veciñanza e visitantes arredor da boa comida e o ambiente festivo.
O sábado 10, a programación inclúe misa solemne, procesión e sesión vermú ás 13:30 h coa actuación da orquestra D' Noche, que tamén será a encargada de amenizar a verbena nocturna, acompañada por un solista invitado, prometendo unha noite chea de música e baile.
O domingo 11, repetirase o formato cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú ás 13:30 h, nesta ocasión coa actuación do Dúo Epo-K, que porá o broche final á celebración.
Ademais, os máis pequenos poderán gozar de colchóns gratuítos, e todas as actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo a celebración sen importar as condicións meteorolóxicas.