A covid baixa a súa incidencia acumulada en Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
A provincia de Lugo segue polo camiño de control da pandemia coa reducción dos casos activos.
dav
12 Dec 2020

A provincia de Lugo segue polo camiño de control da pandemia coa reducción dos casos activos. De feito, este sábado son 26 casos menos (onte foron 20 menos) o que supón un total de 545. Este dato vén condicionado coma sempre polos 18 novos positivos (onte houbo 25) e polas 45 altas das últimas 24 horas (onte foron 43). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.596 e 5.911 curados.

Mantense polo tanto unha clara tendencia continúa á baixa de casos positivos e tamén de novos contaxios, mentres se mantén un número de altas estable. Por outra banda, seguen a ser 139 os que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización sobe, pola contra en dúas persoas. Seguen na UCI do Hula catro persoas ingresadas mentres en planta deste centro hai 17 (3 máis). Hai tamén 4 no da Mariña (1 men os que onte) e no de Monforte.

Por concellos, Vilalba recupera algo de folgos na incidencia acumulada e sitúase en 47 nos últimos 14 días cando onte era de 73. Cospeito volve aos 20 (un menos); e Castro baixa tamén 1 con 14 contaxiados nesta quincena.

Pola contra, Meira, Riotorto, Friol, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes a situación segue sendo preocupante e suma un positivo máis nos últimos 15 días polo que a cifra xa é de 109.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas.

0.14142894744873