Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid non quere parar de dar sustos pero hoxe mellorou as cifras grazas á recuperación das altas, que fan baixar de novo os casos activos, aínda que de forma lenta, malia o gromo familiar de Abadín, que conta con 8 casos, e a subida de positivos en Lugo.
Así, hoxe hai 40 casos activos, 1 menos que onte, cun rexistro de 5 novos positivos e 5 altas. Onte a subida foi de 6 enfermos con 9 novos contaxios e 2 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.006 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria mellora na UCI. Son 3 as persoas ingresadas en hospitais (1 menos). Queda unha na UCI do Hula (1 menos e onte) e 2 en planta, tamén no de Lugo.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
O número de concellos con algún caso soben a 14 (1 máis). Na Mariña queda só Burela con casos, mentres na Terra Chá a Vilalba, Abadín, Castro de Rei, Guitiriz e A Pastoriza súmase Outeiro de Rei. No centro seguen Lugo, que acada xa os 13 casos, Becerreá, Castroverde e Baralla. No sur, Monforte, O Saviñao e O Incio.
A Mariña
- Burela, por debaixo de 10.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Alfoz, Xove.
- Máis de quince días limpos: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Viveiro.
Terra Chá
- Por debaixo de 10 contaxios: Abadín, Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e A Pastoriza. Únese Outeiro de Rei.
- Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade, Xermade.
Comarca de Sarria
- O Incio, por debaixo de 10.
- Máis de quince días limpos: Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo chegan a 13.
- Por debaixo de 10 contaxios: Becerreá, Castroverde e Baralla.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: A Fonsagrada e O Corgo.
- Máis de quince días limpo: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e O Saviñao.
- Entre 1 semana e quince días sen casos: Chantada.
- Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
RESTRICIÓNS
Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.
- Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
- No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.