A Cruz Vermella de Vilalba organiza un taller de saúde bucodental para persoas maiores

O mércores 28 de maio terá lugar en Vilalba un taller de saúde bucodental dirixido a persoas maiores, organizado pola Cruz Vermella Española - Vilalba en colaboración co Sergas e dentro do Plan Local de Saúde do Concello de Vilalba. A actividade desenvolverase na aula do Centro de Saúde de Vilalba e terá unha duración aproximada dunha hora, comezando ás 11:30 da mañá.
Este taller ten como obxectivo fomentar bos hábitos de hixiene e coidado bucodental entre a poboación maior, ofrecendo información práctica e consellos útiles para mellorar a súa calidade de vida.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou inscribirse chamando ao número de teléfono 982 511 303.