A cuarta edición do Slalom de Guitiriz será o día 6 de maio

TerraChaXa
A escuadra Scratch Fene organiza por cuarto ano consecutivo o Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Roteiro da Auga.
iv slalom guitiriz portada
10 Abr 2023

A escuadra Scratch Fene organiza por terceiro ano consecutivo o Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Roteiro da Auga, que terá lugar o próximo 26 de marzo. Trátase dunha proba de carácter nacional e puntuable para o campionato de Galicia de slalom.

A competición iniciarase dende o Campo da Feira de Guitiriz facendo o percorrido pola súa contorna.

Desta volta será Wash-up Guitiriz quen premie con 300€ a millor pilotaxe e o premio final de tempada para o campión e subcampión galego do Campeonato Gallego de Slalom, será de 1.500 e 500 euros respectivamente.

Tamén haberá un Trofeo iniciación con coches de rúa de ata 1.200 cc. e un trofeo de eléctricos. Esta proba abre o campionato, que se prolongará ata o mes de novembro.

slalom guitiriz
0.10563993453979