A degustación dunha empanada xigante abre as festas de Corbelle
TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Corbelle abre este venres, as súas festas patronais cunha degustación de empanada de mazá.
19 Ago 2022
A parroquia vilalbesa de Corbelle abre este venres, as súas festas patronais cunha degustación de empanada de mazá, que defienen "como a mías grande de Galicia" e de bolo preñado. Esta degustación estará amenizada poilo dúo Venus.
O sábado Lecer, en dobre sesión, e Saudade, orquestra revelación 2022, poñerán o toque musical ás celebracións, que se abrirán ese día coa misa solemne ás 14.00 horas, seguida da procesión.
O domingo será 0 día dedicado ao neno, cunha festa a partir das 18.00 horas na que haberá inchables e festa da escuma. Ademais, pola mañá repetirase o oficio relixioso co mesmo horario e haberá sesión musical ao medio día co dúo Explosión.