Inaugurada a nova Casa do Concello de Abadín

TerraChaXa
A deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, participou na inauguración da Casa do Concello de Abadín.
20190304_174440
7 Mar 2019

A deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, participou na inauguración da Casa do Concello de Abadín. O Goberno Provincial achegou en 2017, 32.300 euros para o subministro e colocación de falsos teitos, revestimentos interiores, carpintería de madeira, sanitarios e revestimento de escaleiras interiores na  casa consistorial.

No 2018, o Executivo Provincial achegou un total de 170.600 euros dos cales 165.000  euros foron destinados rematar coas obras e 5.600 euros destináronse para a adquisición de mobiliario para equipar o edificio. Deste xeito, nestes dous últimos anos, o Executivo Provincial realizou unha achega de máis de 200.000 euros para renovar e modernizar o edificio consistorial.

García Bermúdez sinalou que “despois de moitos anos rematouse un dos proxectos máis esperados do Concello chairego. A casa consistorial permitirá mellorar a atención que se presta aos veciños e que o concello teña unhas instalacións públicas amplas e funcionais.  Ademais esta obra permitiralle ao municipio ter un novo salón de actos”.

Durante a visita as novas instalacións da Casa Consistorial de Abadín, o presidente galego destacou este municipio como exemplo de colaboración institucional. Así, subliñou que este concello benefíciase do Fondo de Compensación Ambiental, recibindo en 2018 máis de 270.000 euros procedentes do canon eólico. E en materia de emprego, lembrou que ademais Abadín ten un obradoiro de emprego compartido con Vilalba e un plan de emprego con Vilalba e Mondoñedo. Iniciativas das que se benefician 120 persoas.

0.1602349281311