A Deputación adxudica as obras da estrada de Castro a Campo do Oso

TerraChaXa | LugoXa
A Deputación de Lugo inviste na Pastoriza preto de 170.
radio tower 2817422_960_720
14 Xan 2021

A Deputación de Lugo inviste na Pastoriza preto de 170.000€ para rehabilitar a estrada provincial LU-P-1106, que vai de Castro de Rei a Campo do Oso, pasando por Reigosa. Así o avanzou o presidente, José Tomé Roca, quen subliñou a importancia destas obras, pois esta vía soporta un elevado volume de tráfico debido aos traballos que realiza unha canteira situada no núcleo de Xemil, xustamente por onde transcorre a estrada. Así mesmo, a LU-P-1106, que vai dende o cruce de Bretoña ata Campo do Oso, é moi utilizada como saída cara Mondoñedo.

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar estas obras, que afectarán a uns 4 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 16,9 e 20,4. Consistirán na mellora do firme con rego asfáltico e comezarán nas vindeiras semanas, cun prazo de execución de 9 meses.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo presidente no orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. José Tomé subliñou que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.

0.080153942108154