A Deputación amosa en Rábade ao alumnado da USC a xestión das reservas da biosfera

TerraChaXa | LugoXa
A Deputación amosa a alumnado da USC a importancia da xestión das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
alumnado usc reservas biosfera casa das insuas
19 Oct 2022

A Deputación de Lugo amosou esta semana a 20 alumnos e alumnas da Universidade de Santiago de Compostela a importancia da xestión dun territorio tan valioso como as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá para favorecer a súa protección e conservación, así como o seu desenvolvemento sostible. Na xornada, que se celebrou na Casa das Insuas, en Rábade, participaron estudantes dos másteres en Enxeñería de Montes, que se imparte na Escola Politécnica de Lugo, e en Enxeñería Ambiental, que ofrece a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago.

A Deputación colabora dende o ano 2017 con esta actividade universitaria, de maneira que unha das visitas que teñen os alumnos e alumnas das materias Planificación e xestión de espazos naturais protexidos e Planificación de sistemas naturais que se imparten nestes másteres é ás reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

Na visita tamén estivo presente o profesor da USC e científico do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño Alberto Rojo Alboreca. Explicóuselle aos alumnos e alumnas o que é unha Reserva da Biosfera, que obxectivos ten e, sobre todo, como se xestiona. Nesta ocasión, tamén se lles falou do acordo de custodia do territorio que ten a Deputación coa Asociación Galega de Custodia o Territorio para a xestión das Insuas do Miño e Ollos de Begonte, espazos dun gran valor ambiental que son propiedade da institución provincial e que forman parte da Zona Núcleo da Reserva Terras do Miño e da Rede Natura 2000. Neste sentido, expúxose a custodia do territorio como unha estratexia para a xestión da contorna que axuda aos propietarios, ben sexan públicos ou privados, a conservar a diversidade biolóxica, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Esta actividade universitaria enmárcase nos obxectivos do Programa Mab de utilizar as reservas da biosfera para a investigación, a observación permanente, a educación e a capacitación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17267298698425