A Deputación aporta o orzamento dun cortacéspede para a Sociedade Deportiva de Muimenta

TerraChaXa
O mandatario provincial puxo en valor a actividade que realiza esta asociación
firma-convenio-sociedad-deportiva-muimenta
Firma do convenio entre Deputación e a SD Muimenta
29 Jun 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración co presidente da asociación Club Sociedade Deportiva Muimenta, José Seoane Debasa, a través do cal a institución provincial realiza unha achega económica de máis de 8.000 euros a esta entidade para a adquisición dun novo equipo costacéspede que permitirá manter en bo estado as súas instalacións, situadas na parroquia de Muimenta, no concello de Cospeito.

José Tomé puxo en valor a actividade que desenvolve esta entidade na promoción da práctica deportiva xa que “levan máis de cincuenta anos fomentando hábitos de vida saudables vencellados ao deporte. Ademais, prestan especial atención ao inicio da actividade física dende as idades máis temperás co obxectivo de fomentar o xogo limpo e outros principios e valores como a igualdade na esfera deportiva e en todos os ámbitos da vida”.

O custo total para adquirir o material, así como a correspondente instalación do mesmo, supón unha cantidade de 8.558 euros, dos cales a institución provincial achega 8.130,10 euros e a asociación os 427,90 euros restantes. Grazas a esta colaboración económica o Club poderá adquirir un equipo de costacéspede robótico con maiores prestacións que lles permitirá mecanizar a tarefa de mantemento da propia instalación.

0.15848016738892