A Deputación aproba 1,6 millóns para servizos públicos e axudas no rural da provincia
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre os investimentos superiores aos 1,6 millóns de euros, que aprobou a Xunta de Goberno. Campos Conde explicou que estes fondos destínanse á mellora de máis servizos públicos en zonas rurais dos Concellos, ao impulso do sector agrogandeiro e á posta en valor do territorio da provincia.
Entre outros, destínanse 100.000 á recuperación de terras abandonas na provincia co obxectivo de poñelas en produción e contribuír ao impulso da actividade agrogandeira. Faise a través de axudas en concorrencia competitiva que se poñen a disposición de todos os gandeiros, agricultores, agrupacións de produtores, SATs e veciños que sexan titulares de explotacións. A vindeira semana abrirase o prazo de solicitudes destas axudas que son de 500 euros por hectárea, establecendo un máximo de 9.000 euros por beneficiario. Trátase dunha nova edición do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, do que xa se beneficiaron 220 lucenses, que puxemos en produción 1.200 hectáreas. Reedítanse estas axudas tendo en conta o seu éxito, pois os veciños beneficiados conseguiron reducir custos de produción e ampliar a súa cabana tras acadar máis espazo para o pastoreo ao recuperar territorio que estaba baldío.
Achéganse outros 200.000 euros á dotación e instalación dunhas 120 marquesiñas nos 67 Concellos da provincia e ao longo da rede viaria provincial. Lévanse aos 15 municipios co maior número de quilómetros de estradas provinciais un mínimo de 2 marquesiñas por Concello. Estes son Cervantes, Navia de Suarna, O Saviñao, A Fonsagrada, Friol, Chantada, Vilalba, Folgoso do Courel, Pantón, Carballedo, Lugo, Ourol, Castroverde e A Pontenova. O resto de Concellos terán a lo menos 1.