A Deputación aproba 1,7 millóns para as obras da estrada de Veiga de Cabana ás Pontes

TerraChaXa
A Deputación aproba 1,7 millóns para as obras de pavimentación da estrada DP 1802 Veiga de Cabana-As Pontes
estrada veiga cabana as pontes portada
23 Abr 2023

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade un investimento de 1.785.407 euros para financiar as obras de reforzo do firme da estrada provincial DP 1802 Veiga de Cabana-As Pontes. A obra está incluída na terceira fase do Plan de vías provinciais 2023.

As obras darán continuidade ás xa realizadas pola Deputación para ampliar o ancho da estrada de 5 a 8 metros e dotala dun tramo de senda peonil de 281 metros e de beiravías nun tramo de 9 quilómetros que vai desde o inicio da vía, no entroncamento coa estrada AC-664, e que discorre polos núcleos de Goente, A Faeira e As Pontes.

Con este novo investimento acometerase o reforzo do firme, reparando os desperfectos e supreficies existentes no firme de regos de grava miúda e dotándoo de dúas capas de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor que mellorarán notablemente as condicións de seguridade de circulación na vía.

O proxecto inclúe tamén o pintado das marcas viais da estrada, tanto no eixe como nas bandas laterais da calzada. O prazo de execución será de tres meses a partir do inicio das obras.

estrada veiga cabana as pontes
0.15653800964355