A Deputación aproba dous novos contratos para a Granxa Gayoso Castro

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Goberno da Deputación deu luz verde hoxe a dous contratos de subministracións para a Granxa Gayoso Castro.
granxa gayoso castro
31 Dec 2021

A Xunta de Goberno deu luz verde a dous contratos de subministracións para a Granxa Gayoso Castro.

Por un lado, aprobou licitar o subministro de diversos produtos de uso agrícola e gandeiro para a Granxa por un importe superior ós 256.000€ e por un ano de vixencia, prorrogable por tres máis. Este contrato, que está dividido en dous lotes, inclúe o subministro de produtos como fertilizantes e abonos, sementes, produtos fitosanitarios, conservantes e aditivos para a conservación de forraxes, concentrados e pensos, e correctores vitamínicos e minerais, así como outros produtos destinados á alimentación do gando da Granxa.

Por outro lado, a Xunta de Goberno acordou adxudicar o subministro de alfalfa para o gando equino de Gayoso Castro por importe de 6.325€ á empresa Almacenes Avelino SL. Este contrato ten unha duración dun ano prorrogable por anualidades, ata un máximo de tres.

0.19657683372498