A Deputación aproba investimentos en Muras, Guitiriz e Pol

TerraChaXa
O Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, avanzou que o Executivo aprobou en Xunta de Goberno novos investimentos por valor de 200.
queipo
31 Aug 2018

O Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, avanzou que o Executivo aprobou en Xunta de Goberno novos investimentos por valor de 200.000 euros para a mellora de dotacións públicas do rural de 5 Concellos: Navia de Suarna, Muras, Ribas de Sil, Guitiriz e Pol. Son obras coas que o Goberno da Deputación busca mellorar servizos, “porque o futuro da provincia pasa polo impulso do noso rural e sobre todo, polos servizos dos que dispoñen os nosos veciños”, apuntou.

A primeira das actuacións aprobadas son 50.000 euros da Deputación para reparar e consolidar a ponte Bermúdez en Muras. O Concello achegará outros case 20.000 euros o que fai un orzamento total de 70.000 euros. O Executivo colabora con este proxecto pois arestora a ponte está moi deteriorada, caendo incluso algunha pedra. Trátase dunha ponte que cruza o río Eume, nunha zona  rural entre Muras e Vilalba.  Son traballos moi necesario pois a ponte é un paso habitual de gando e maquinaria agrícola, así como de vehículos pequenos.

Ademais, aprobou 8.500 euros de remanentes do Plan Único, procedentes das baixas de contratación, para executar máis obras no Concello de Guitiriz. Son para a dotar de alumeado público aos veciños de Toxeira, un pequeno núcleo rural de Labrada, no que viven unhas 10 persoas e que non dispuñan deste servizo; así como para a reparación dun acceso rural en Casa Muíno, en Pígara, que se mellorará pois da acceso a fincas agrícolas.

En Pol, investiará 118.000 euros para mellorar 3 quilómetros de 2 vías. Son por unha banda os derradeiros traballos na LU-P-1611, no coñecido como cinto comarcal, no que se mellorará 1,4 quilómetros, vía tamén na que este ano investimos 230.000 euros máis; e na LU-P-4601, que vai de Fonfría a por Rioxán. É unha vía que vai dende Mosteiro, en Pol, ata a estrada autonómica que vai cara Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. As actuacións específicas que se realizarán nestas vía son a rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical.

Ademais aprobou obras en:

- 5.000 euros para a restauración de varias fontes de auga no Concello de Navia de Suarna, cos que o Goberno Provincial colabora na posta en valor e recuperación de fontes nas parroquias de A Balsa, Acevedo e Traserna, todas elas pertencentes á Rede Natura 2000. 

- 25.500 euros en Ribas de Sil para colaborar na a renovación do parque infantil da área recreativa da praia fluvial, que é moi empregado tanto polos veciños como polo visitantes durante a época estival; para a construción dun depósito de auga no lugar de  A Cabarca, unha infraestrutura moi importante na prevención de incendios, e colaborar na posta en marcha dunha ruta turística de interpretación polo complexo arqueolóxico Mineiro do Covallón no que destacan as minas romanas, e no que se instalarán paneis informativos.

0.1650390625