A Deputación aproba investimentos en Pol e A Pastoriza

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Aprobáronse dous convenios de colaboración con concellos de Pol e da Pastoriza “para que poidan prestar máis e mellores servizos".
xunta de goberno local deputacion
17 Xuño 2022

Na reunión da Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial aprobáronse dous convenios de colaboración con concellos de Pol e da Pastoriza “para que poidan prestar máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, explicou Pilar García Porto, “co que respondemos á función esencial da Deputación, que é a cooperación cos concellos”.

No caso do Concello de Pol, aprobouse unha achega económica da Deputación por un importe de 273.000 euros para melloras en vías públicas municipais, no campo de fútbol, e para completar e mellorar a rede de abastecemento de auga. En total, faranse 12 actuacións grazas a esta aportación da Deputación, que beneficiarán a centos de veciños e veciñas do concello de Pol.

Polo que respecta ao Concello da Pastoriza, aprobouse unha colaboración da Deputación por importe de 20.000€, destinados ao equipamento das vivendas habilitadas nas antigas escolas unitarias das parroquias de Vián e Reigosa.

0.10722088813782