A Deputación aproba unha achega para un paseo peonil na rúa Manuel María de Guitiriz

TerraChaXa
A Deputación aprobou unha achega de 132.000€ para que o Concello de Guitiriz poida acondicionar un paseo peonil na rúa Manuel María.
rua manuel maria guitiriz
5 Nov 2022

A Xunta de Goberno da Deputuación aprobou unha achega de 132.000 euros que se destinarán ao Concello de Guitiriz para que poida acondicionar e mellorar a accesibilidade do municipio coa implantación dun paseo peonil na rúa Manuel María.

Trátase dunha actuación “moi importante para o municipio porque a rúa Manuel María dá acceso a varias casas e é unha das vías que conecta o centro de Guitiriz co Centro de Saúde, e a día de hoxe non conta cun espazo específico para o paso das persoas, polo que a obra redundará na mellora da seguridade e da comodidade dos viandantes”, explicou García Porto.

0.14938306808472