A Deputación arranxa a vía que une Augaxosa con Trabada

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a deputada de Economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, supervisaron os últimos traballos de mellora da estrada LU-P-5506 , que comunica Augaxosa, en Riotorto, e Trabada, e que supoñen un novo investimento de 107.
augaxosa
21 sep 2018

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a deputada de Economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, supervisaron os últimos traballos de mellora da estrada LU-P-5506 , que comunica Augaxosa, en Riotorto, e Trabada, e que supoñen un novo investimento de 107.000 euros.

A deputada remarcou que esta estrada “é a vía de comunicación máis importante deste concello coa capital da provincia. E con este novo investimento damos repostas ás demandas veciñais, e cumprimos co noso compromiso de mellorar as dotacións públicas dos nosos veciños” .

García Bermúdez anunciou que “neste momento estase redactando o proxecto para arranxar outros 3 quilómetros deste mesmo vial. Así as cousas, co arranxo desta vía de comunicación, Trabada xa ten melloradas todas as estradas principais que atravesan o Concello e polas que transitan máis vehículos.”

O presidente explicou que “os traballos de mellora que se realizaron, foron concretamente 3 quilómetros da LU-P-5506, entre os puntos 7.230 ao 10. 230. E consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, renovación da sinalización horizontal e vertical e, polo tanto un incremento da seguridade vial”.

0.17762112617493