A Deputación arranxa tres explanadas en Xermade

TerraChaXa
O Goberno da Deputación investiu 30.
candamil
5 sep 2018

O Goberno da Deputación investiu 30.000 euros na pavimentación das explanadas de acceso frontal da Escola de Candamil, a Escola de Miraz e os arredores do campo de fútbol de Momán, en Xermade. As tres explanadas son utilizadas habitualmente como punto de reunión dos veciños e como lugar de celebración das festas do municipio. Estas actuacións, que consistiron na renovación do firme, leváronse a cabo para facer fronte ao mal estado no que se atopaba o pavimento con algunhas fochancas. Deste xeito, rehabilitáronse espazos públicos para uso e disfrute dos veciños de Xermade.

Os arranxos do pavimento fronte ás Escolas de Candamil e Miraz, que se utilizan durante o inverno como centros sociais nos que se fan reunións e comidas, facilitará os  diferentes usos que se lles dá ás explanadas, como o de aparcamento ou para a instalación de carpas durante as celebración das festas patronais. A explanada fronte ao campo de fútbol de Momán conta, ademais, nas proximidades cun parque infantil e unha área recreativa, polo que se converte nun punto de encontro e reunión dos veciños, así como lugar de celebración de festas como o entroido, nunha zona de bares moi frecuentada ao estar preto do centro da vila.

Con este investimento, o Executivo Provincial continúa co seu esforzo inversor en todos e cada un dos Concellos da provincia para que os veciños e veciñas, en especial os do rural, conten cunhas infraestruturas axeitadas e en bo estado, e buscando que todos os lucenses teñan as mesmas oportunidades, independentemente de onde vivan.

0.19419598579407