A Deputación arranxará a estrada de San Pantaleón a Ourol

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación arranxará a estrada de San Pantaleón a Ourol e Viveiro. Inviste preto de 95.500 euros na LU-P-3807
15 Jan 2021

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción de Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou o último paso administrativo –o Plan de Seguridade e Saúde- para poder iniciar os traballos de rehabilitación do firme da LU-P-3807, de Bravos a San Pantaleón, no concello de Ourol, nas que inviste 180.000 euros.

A LU-P-3807 é a vía máis rápida que teñen os veciños da parroquia de San Pantaleón para chegar a Ourol e Viveiro. A Deputación inviste preto de 95.500€ nos traballos de mellora, que se realizarán nun treito de máis de 7 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,630 e 7,950, e consistirán no acondicionamento da vía e na reposición de liñas e marcas viarias reflexivas brancas. O prazo de execución das actuacións é de 9 meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16375613212585