A Deputación cede ao Concello de Outeiro de Rei un treito da LU-P-3907
TerraChaXa | LugoXa
O Pleno da Deputación aprobou transferir a titularidade ao Concello de Outeiro de Rei dun treito de máis de dous quilómetros da LU-P-3907, que comunica a parroquia de Arcos co polígono do Ceao.
27 Mar 2024
O Pleno da Deputación aprobou transferir a titularidade ao Concello de Outeiro de Rei dun treito de máis de dous quilómetros da LU-P-3907, que comunica a parroquia de Arcos co polígono do Ceao.
Trátase en concreto do tramo que vai da intersección desta vía provincial coa LU-P-3906 –de Bonxe a Rozas- ata o límite municipal co concello de Lugo.
É un tramo con moito tráfico porque é onde se sitúa un complexo deportivo.