A Deputación colaborará nas obras do campo de fútbol do Pichón
TerraChaXa
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou a sinatura de convenios de colaboración con cinco entidades de Mondoñedo, Viveiro, Cospeito, Foz e Lugo por un importe conxunto próximo aos 240.
30 Dec 2019
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou a sinatura de convenios de colaboración con cinco entidades de Mondoñedo, Viveiro, Cospeito, Foz e Lugo por un importe conxunto próximo aos 240.000 euros para a realización de diferentes obras.
No tocante ao Concello de Cospeito, deu o visto bo a convenios co Club Sociedade Deportiva Muimenta por importe de cerca de 30.000 euros co fin de renovar a instalación eléctrica no campo de fútbol O Pichón da localidade.