A Deputación comeza as obras da estrada que une Vilalba e a Feira do Monte

TerraChaXa
A Deputación de Lugo inviste 254.000 euros na mellora da estrada provincial de Vilalba á Feira do Monte, co inicio das obras
obras estrada vilalba feira do monte deputacion
5 Feb 2023

A Deputación de Lugo iniciou as obras para o acondicionamento da estrada LU-P-6501, que une o concello de Vilalba coa Feira do Monte, en Cospeito, cun investimento de 254.000€.

Os traballos, que afectan a un treito de case catro quilómetros –dende o comezo da vía ao punto quilométrico 3,835-, consiste na reapertura de cunetas a través dunha drenaxe lonxitudinal, que aporta unha maior estabilidade, e a limpeza da vexetación. Posteriormente, levarase a cabo a pavimentación con aglomerado en quente sobre o firme xa existente. Esta nova superficie dará unha maior regularidade á vía e aumentará a súa capacidade. Finalmente, realizarase o pintado horizontal da estrada mediante marcas viais reflexivas brancas.

A Deputación de Lugo dedica este ano 18,3M€ á mellora das estradas provinciais, un orzamento que aumentou nun 30% dende o 2019, cando se destinaban 14,2M€. Estes traballos mellorarán as condicións de seguridade e comodidade para os usuarios e usuarias da vía e evitará un maior gasto de conservación grazas a este novo pavimento.

0.20072078704834