A Deputación comprará os terreos que rodean á depuradora de Redemuíños, en Moncelos
TerraChaXa
A Deputación de Lugo, a cargo do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos vai adquirir dúas parcelas, a 267 e 434 do polígono 156 anexa á depuradora de Moncelos, no lugar de Redemuíños, na parroquia de Moncelos por importe total de 4.
30 Out 2023
A Deputación de Lugo, a cargo do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos vai adquirir dúas parcelas, a 267 e 434 do polígono 156 anexa á depuradora de Moncelos, no lugar de Redemuíños, na parroquia de Moncelos por importe total de 4.512 euros, segundo informou o partido socialista de Abadín.
A necesidade da adquisición é debido a que o Concello de Abadín dispón dunha depuradora municipal situada no lugar de Redemuíños, na parroquia de Moncelos, desta forma é importante que esta instalación pública estea rodeada de terreos públicos, permitindo así o acceso e mantemento da mesma sen necesidade de atravesar propiedades privadas e dotándoa de terreos anexos que permitan a súa futura ampliación ou instalación de nova dotación pública.