A Deputación consegue fondos de Europa para un plan de 700.000 euros que reducirá a factura eléctrica de 38 concellos

TerraChaXa
As sesións da Xunta de Goberno do novo mandato arrancan cunha boa nova para os Concellos, pois a Deputación, segundo anunciou o Presidente, José Tomé, vén de conseguir fondos da Unión Europea para desenvolver o proxecto ILUMIN@, que, cun investimento de 700.
020819 Xunta de Goberno II
3 Ago 2019

As sesións da Xunta de Goberno do novo mandato arrancan cunha boa nova para os Concellos, pois a Deputación, segundo anunciou o Presidente, José Tomé, vén de conseguir fondos da Unión Europea para desenvolver o proxecto ILUMIN@, que, cun investimento de 700.000€, consiste na dotación de novo equipamento enerxético de baixo consumo en instalacións municipais para reducir a factura eléctrica dos 38 concellos lucenses que se adheriron á iniciativa.

A Xunta de Goberno celebrada este venres aceptou a achega económica de 578.072,26€ procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que o organismo provincial solicitou a través do Instituto de Desenvolvemento de Aforro Enerxético (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. A Deputación achega 144.518,10€, co que o orzamento total do proxecto é de 722.590,36€.
Esta iniciativa, dirixida aos municipios de menos de 20.000 habitantes, enmárcase “no obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes”, subliñou o Presidente.

Grazas ao programa ILUMIN@, os Concellos recibirán unha axuda económica para o cambio de luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED en instalacións municipais, como por exemplo alumeados públicos, centros sociais, dependencias culturais ou deportivas. Renovaranse 3.195 instalacións de luz, co que se reducirá o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que, en termos económicos, o aforro conxunto nos 38 concellos superará os 62.000€ anuais, o que supón un 63% da facturación eléctrica das instalacións nas que se actúa.

A Deputación distribúe os fondos nos 38 Concellos que se sumaron ao proxecto en base ao seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal. Segundo esta baremo, as cantidades que recibirá cada municipio e a finalidade á que as destinarán son as seguintes:

CONCELLO

IMPORTE TOTAL DA ACTUACIÓN

80%FEDER

20% DEPUTACIÓN DE LUGO

NOME DA ACTUACIÓN

BARALLA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR E SOBRADO"

MEIRA

13.249,69

10.599,75

2.649,94

“AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN REGOLONGO (MEIRA)"

FRIOL

27.611,34

22.089,07

5.522,27

"PROXECTO DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EN SEIXÓN"

QUIROGA

18.994,34

15.195,47

3.798,87

"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO, ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN EXTERIOR"

BURELA

13.249,69

10.599,75

2.649,94

"RENOVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO"

NEGUEIRA DE MUÑIZ

13.249,69

10.599,75

2.649,94

“AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN NEGUEIRA DE MUÑIZ"

CASTRO DE REI

24.739,05

19.791,24

4.947,81

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE CASTRO DE REI"

A PASTORIZA

20.909,23

16.727,38

4.181,85

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADOS PÚBLICOS DE PASTORIZA"

BEGONTE

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE LUMINARIAS VSAP POR LED EN ALUMEADO EXTERIOR EN CTRA. SAAVEDRA E BALTAR-DAMIL- (BEGONTE)"

RIOTORTO

14.207,14

11.365,71

2.841,43

"RENOVACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EN FERRERÍA, CHACÍN E VAL"

CARBALLEDO

20.908,95

16.727,16

4.181,79

"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED"

SOBER

22.824,16

18.259,33

4.564,83

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR"

LOURENZÁ

16.022,03

12.817,62

3.204,41

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERXÉTICA EN LOS ALUMBRADOS PÚBLICOS DE ARROXO Y ALEMPARTE"

OUROL

22.815,36

18.252,29

4.563,07

"PROYECTO DE MEJORA DE EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN LOS NÚCLEOS DE A GARITA Y OS TEIXOS EN LA PARROQUIA DE BRAVOS"

A POBRA DO BROLLÓN

16.122,03

12.897,62

3.224,41

"MELLORA
DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO DOS NÚCLEOS RURAIS DE PIÑEIROS,
VILARMAO E CASTRONCELOS”

MONDOÑEDO

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED NO CONCELLO DE MONDOÑEDO"

XERMADE

21.866,71

17.493,37

4.373,34

"PROYECTO DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL CONCELLO DE XERMADE"

O VICEDO

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"PROXECTO DE ALUMEADO PÚBLICO NO LUGAR DE O PAZO-SAN ROMÁN VICEDO"

NAVIA DE SUARNA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA"

LÁNCARA

18.915,52

15.132,42

3.783,10

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE LÁNCARA"

CERVANTES

18.913,26

15.130,61

3.782,65

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE CERVANTES"

O SAVIÑAO

24.723,65

19.778,92

4.944,73

"EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIONES DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL LUGAR DE CURRELOS"

RIBEIRA DE PIQUÍN

13.249,69

10.599,75

2.649,94

"PROXECTO DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NO NÚCLEO DE SANTALLA, PARROQUIA DE SANTALLA"

ALFOZ

18.735,84

14.988,67

3.747,17

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE ALFOZ"

O PÁRAMO

16.122,03

12.897,62

3.224,41

“RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ALUMBRADO
EXTERIOR DEL AYUNTAMIENTO DE O PÁRAMO EN LOS SIGUIENTES
LUGARES: VILARIÑO/CODESAL/CABANA/CANCELA-LAGOA/CABANAS/SAN
PEDRO/BICÁS/ARMADA/ GÁNDARA”

RÁBADE

11.335,28

9.068,22

2.267,06

"PROXECTO DE RENOVACIÓN DE ALUMEADO EN RÁBADE"

AS NOGAIS

14.207,06

11.365,65

2.841,41

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE AS NOGAIS"

GUNTÍN

18.994,37

15.195,50

3.798,87

"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO EXTERIOR DO CONCELLO DE GUNTÍN DO SEGUINTE LUGAR: GRUPO ESCOLAR"

CASTROVERDE

18.036,92

14.429,54

3.607,38

"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADO PÚBLICO DE CASTROVERDE"

SAMOS

16.758,70

13.406,96

3.351,74

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE SAMOS"

TRABADA

17.079,48

13.663,58

3.415,90

"PROYECTO DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE RABEXA, RETORTA Y SAN MARTIN"

O INCIO

17.925,40

14.340,32

3.585,08

"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DO INCIO"

FOLGOSO DO COUREL

14.207,11

11.365,69

2.841,42

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR EN FERRAMULÍN-VILELA"

PANTÓN

21.866,70

17.493,36

4.373,34

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR"

O VALADOURO

20.852,57

16.682,06

4.170,51

"PROXECTO DE REFORMA DO ALUMEADO PÚBLICO EN DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE BUDIAN, NO CONCELLO DO VALADOURO"

COSPEITO

22.824,16

18.259,33

4.564,83

"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO EN XUSTAS"

VILALBA

38.143,30

30.514,64

7.628,66

"RENOVACIÓN DO ALUMEADO EXTERIOR NAS RÚAS PLÁCIDO PEÑA E OUTRAS (CONCELLO DE VILALBA)"

MONFORTE DE LEMOS

27.532,51

22.026,01

5.506,50

"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR-C/ROSALÍA DE CASTRO, C/CONCEPCIÓN ARENAL, C/SEVERO OCHOA Y C/LOPEZ SUAREZ DE MONFORTE DE LEMOS"

TOTAL

722.590,36

578.072,26

144.518,10


Desbroce e parque móbil

Polo demais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do servizo de desbroce de estradas provinciais pertencentes a 28 concellos para este ano e o que vén por un importe total superior aos 972.000€. Os concellos son os seguintes: Muras, Xermade, Vilalba, A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Castroverde, O Corgo, Baleira, Baralla, Láncara, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Becerreá, As Nogais, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Palas de Rei, Chantada, Carballedo, O Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Pantón e Sober.

Tamén foi adxudicado por importe de 121.000€ o subministro de 320 toneladas de emulsión asfáltica que serán empregadas polas máquinas do Parque Móbil para o mantemento e arranxo da rede viaria provincial, que, con 4.200qms, é a máis extensa de España. A adxudicataria deste contrato é Repsol Lubricantes y Especialidades SA.

Plan de recuperación de terras
Así mesmo, aprobouse a xustificación de 22 subvencións por un valor conxunto de máis de 43.600€ concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Con este programa, froito do compromiso da Deputación coa xeración de riqueza e emprego no rural potenciando o sector agrogandeiro, recuperaranse 582has de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción, que se suman ás 1.888 xa recuperadas grazas ás anteriores edicións desta liña de axudas.

0.2161180973053